Hipnose Ericksoniana

Aínda que usemos diversas técnicas, na maior parte dos casos, sempre é cando sexa necesario e axeitado facelo, imos empregar esta forma de comunicación na terapia.
Ésta é una forma de hipnose desenvolta por Milton H. Erickson que se caracteriza por ser una forma natural de comunicación e se concibe como unha relación de colaboración entre terapeuta e a persoa.
A hipnose é unha forma de comunicación na que se centra a atención na actividade mental interna. É unha experiencia na que o hipnoterapeuta guía a a persoa para que chegue a ese estado dunha forma simple e natural, para facilitar asociacións terapéuticas que faciliten a posta en marcha dos recursos propios. De este modo a hipnose acelera e facilita a consecución de obxectivos terapéuticos, xa que o terapeuta e a persoa van construindo unha experiencia na que se pode ver o problema dende outra perspectiva que estimula a movilización dos seus recursos para solucionalo.
A hipnose clínica demostrou, en diversos estudios científicos, a súa eficacia no tratamento de diversos trastornos como por exemplo:
– Ansiedade
– Fobias
– Depresión
– Xestión da dor
– Tabaquismo
– Obesidade

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosapolítica de cookies, pinche o enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
WP-Backgrounds Lite by InoPlugs Web Design and Juwelier Schönmann 1010 Wien